Ardemil celebra a súa III Xuntanza Cabalar
Un ano máis a parroquia ordense de Ardemil acolleu esta fin de semana a súa Xuntanza Cabalar, que esta ano celebraba a súa III edición. En total foron máis de 200 cexemoplares os que este ano se inscribiron.
Despois do día de onte onde a orquesta Atenas animou o encontro pasadas as 20 horas e onde tamén houbo cochinillo para todos os asistentes, o día de hoxe arrancou cun curso de bestas e cabalos cruzados. A media xornada degustouse un xantar popular composto por lacón asado, patacas estofadas, pan, refrescos, viños, café e postre. Xa pola tarde disputáronse as competicións nas que houbo concurso de barriles, probas de trote libre e de andadura de trotóns.











