publicidade hoxe

Apertura das piscinas municipais en Vilardevós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilardevós
A-
A+

O domingo 30 de xuño o Concello de Vilardevós ten prevista a apertura, como xa vén sendo habitual, das piscinas municipais, situadas no polideportivo, unha vez se realicen as inspeccións previstas por sanidade e as mesmas sexan superadas. A tal efecto, a alcaldía publicará un bando anunciando definitivamente a apertura.

Así mesmo, o servizo do bar, xa foi adxudicado fai uns días, a unha única proposta presentada, a pesar da publicación dun bando anunciando as condicións necesarias para tal adxudicación, o cal foi exposto nos 29 pobos do Concello.

21 de xuño de 2013 | 15:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.