Apertura da inscrición no Campus Impulso do Carballiño 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Un ano máis a área de Deportes do concello do Carballiño organizan o campamento deportivo para o verán, Campus Impulso 2013, que chega xa á súa XVIII edición. Este campus estará dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, e desenvolverase durante os meses de Xullo e Agosto, podendo escollerse mes enteiro ou quincena.

Os interesados poderán inscribirse na área de Deportes, situada na segunda planta da Casa Consistorial, dende este xoves 13 de xuño, en horario de 8:30 a 14:30 horas. O campamento deportivo de verán desenvolverase os meses antes mencionados, de luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas.

12 de xuño de 2013 | 15:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.