Apertura ao tráfico da nova rúa Canteiros no ámbito da Veracruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Adecuación da rúa Canteiros

Adecuación da rúa Canteiros

Este mércores quedou aberta ao tráfico rodado a rúa Canteiros, situada na zona do ámbito da Veracruz, despois de que fose empedrada en toda a súa extensión, dende a rúa Conde Vallellano ata o cruzamento coa praza de San Ramón.

Con este novo vial aberto ao tráfico preténdese reordenar a circulación polo centro do Carballiño, co que os vehículos que procedan da antiga estrada de Ourense non teñan que subir ata Curros Enríquez para acceder á zona da Veracruz e dos Catro Camiños (saída da vila en dirección á estrada de Santiago ou o nacional 541).

Así mesmo conséguese diminuír o tráfico en moitas delas rúas do centro urbano, abríndose a posibilidade de crear nas devanditas rúas novas prazas de aparcadoiro, tan demandadas por veciños e visitantes. Mesmo se formula a posibilidade de que, ao ser menor o fluxo de vehículos por algunha destas rúas, se poidan transformar en vías dun só sentido, gañando espazo para o aparcadoiro nas dúas marxes.

26 de xuño de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.