Anxo Rei destaca que o mercado do alimento labrego conseguiu consolidarse no primeiro ano de vida

Anxo Rei na valoración do proxecto
O Concelleiro de Emprego de Teo, Anxo Rei, realizou esta mañá nos Tilos unha valoración do primeiro ano de vida do mercado do alimento labrego dos Tilos, que naceu o 9 de xuño de 2012. Nestes primeiros doce meses “esta idea que nos propuxeron no seu día dende o Sindicato Labrego Galego conseguiu consolidarse”. Para o edil “as expectativas víronse superadas pola realidade xa que o número de postos que están no mercado de xeito estable superaron as expectativas coas que botaba a andar este proxecto piloto”.
O mercado de alimento labrego dos Tilos realízase as mañás dos sábados na praza circular da urbanización. Dende xuño do ano pasado funcionou de xeito estable todas as semanas e entre os logros que destacan os produtores está precisamente “a fidelización do cliente”. Neste espazo de venta atópanse produtos alimentarios de produtores locais da comarca, alimentos de tempada e outros coma queixos, ovos ou licores menos estacionais pero coa característica de ser producción propia.
Anxo Rei explicou que esta idea novidosa na comarca naceu con varios obxectivos entre os que destacan “buscar a soberanía alimentaria apoiando o produto de tempada e buscar unha saída na situación económica actual permitindo unha canle directa de venta para o produtor e unha saída económica para as persoas que poden atopar un complemento económico coa venda de excendentes”.
Pola súa banda Miguel Méndez, Isabel Magariños e Sonia Carbia, tres produtores e vendedores habituais no mercado deron o seu punto de vista sobre o funcionamento e o crecemento desta idea. Miguel destacou que a importancia que debe ter “o alimento de tempada e local xa que trasladar os alimentos a grandes distancias non é sostible”. Explicou que neste ano cada semana sortean unha cesta de alimentos entre os compradores e teñen contabilizadas 10.000 rifas entregadas no primeiro ano. Esto fai unha media de 200 persoas por semana que realizan algunha compra nalgún dos postos. O número de postos cos que conta o mercado non é fixo aínda que dende a comisión de coordinación Méndez explicaba que ó redor de 15 sempre se poden atopar. Hai máis persoas que teñen autorización para vender pero os vendedores van rotando.
Sonia Carbia foi a encargada de explicar que o sábado 8 de xuño a programación do mercado será un pouco especial polo primeiro cumpreanos. Deste xeito haberá a partir das 11:00 horas música, unha cantina, degustación de produtos a prezos simbólicos ademais de postos de artesanía e todo o que se pode atopara cada semana. Quizáis esto é un dos elementos máis destacables do mercado dos Tilos. Neste mercado atópase produto de mercado, non alimentos fora de tempada madurados de xeito artificial. Os produtores explicaban que esta semana poderíamos mercar entre outras cousas tirabeque, guisante, fresa, acelga, remolacha, cereixa, pataca, frambuesa ademais de ovos, leite, queixo, mermeladas caseiras, licores….











