publicidade hoxe

Antonio Quintía Basoa exporá as súas obras na Alianza, en Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresCalendarioLocal
A-
A+

O artista Antonio Quintía Basoa inaugurará mañá venres unha mostra das súas obras na Alianza Aresana. A exposición, organizada pola Concellaría de Cultura, estará aberta ao público ata o 15 de xullo, con horario de nove da mañá a dúas, de luns a venres.

Ao acto de inauguración acudirá o edil responsables desta área, o socialista Euegnio Fernández Lago, e terá lugar ás oito da tarde.

Por outra banda, o Grupo Municipal de Teatro porá en escea este sábado ás nove da noite a obra “Viva o duque noso amo!”, de Alonso de Santos. A representación desenvolverase no Casino Aresano.

27 de xuño de 2013 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.