Alumnos/as do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar ofrecerán un concerto con motivo do Día Europeo da Música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomarLocal
A-
A+

O vindeiro sábado 22 de xuño, co gallo do  DÍA EUROPEO DA MÚSICA, os alumnos e alumnas do Conservatorio  Municipal de Música do Concello de Gondomar van realizar un concerto na Praza do Concello que terá lugar ás 12:30 horas .

A Concelleira de Educación quere convidar a todo o mundo a que participe neste evento, no que  se vai plasmar o traballo realizado durante todo o ano por os alumnos e alumnas deste centro.

O concerto terá dúas partes: na primeira, tocarán alumnos/as de fin de grao en distintas especialidades  como clarinete, violín e saxofón;  e na última parte, actuará a Orquestra do Conservatorio.

20 de xuño de 2013 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.