Alumnos e alumnas de Educuación Primaria do CEIP Castelao visitan as novas dependencias do Concello de Ordes

Visita dos escolares ás dependencias municipais
O Concello de Ordes recibiu esta mañá a visita de decenas de alumnos e alumnas do cuarto curso de Educación Primaria do CEIP Castelao. Xunto coas súas mestras todos eles fixeron un percorrido polas dependencias do novo Consistorio facendo parada en cada departamento, onde tiveron a ocasión de coñecer e falar cos funcionarios e persoal laboral. Acompañados en todo momento pola tenente alcalde, Silvia Marín, e xa no salón de plenos ubicado nos baixosa da Alameda, puideron plantexarlle ao alcalde cuestións relacionadas tanto co Concello como coa actividade política. Resultados electorais, orzamentos municipais, organización de plenos, aprobacións de leis, división de poderes e representación de partidos ou as causas da actual crise económica foron algunas das cuestión ás que a voz de Manuel Regos ofreceu resposta.
Unha vez finalizado o encontró o edil fíxolles entrega a todos eles dun pequeño agasallo e convidounos para que, xa no vindeiro cursos, seguisen visitando outras dependencias municipais como a emisora de radio.











