Alumnos do CEIP Castrillón, de Cangas, fan este mércores o roteiro dos Bolechas
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de educación primaria. Coa Excursión pola zona vella de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade do Lérez da man dos personaxes creados por Pepe Carreiro, os Bolechas, co obxecto de
ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Este mércores, día 19 de xuño, fará este roteiro un numeroso grupo de 60 alumnos/as de educación primaria do CEIP Castrillón (Cangas), polo que será preciso facer dúas quendas: unha ás 16 e outra ás 17.15 horas. A saída, como sempre, será desde a praza da Peregrina e o remate na praza da Pedreira.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos
informados.











