Alumnos de Laracha coñecen o roteiro Castelao
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e
dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Este martes, 18 de xuño, realizará a ruta un grupo de 45 alumnos/as de ESO e Bacharelato do IES Agra de Leborís (A Laracha), que sairán da praza da Ferraría ás 12 horas.
O percorrido inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos
informados.











