AFAL propón ás entidades veciñais da súa área de influencia celebrar charlas informativas sobre o Alzhéimer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A presidenta de AFAL Ferrolterra, Milagres Prieto Gondell, informou esta mañá da posta en marcha dunha nova iniciativa en materia de formación e divulgación dirixida ás asociacións de veciños da área de influencia da entidade: a celebración de charlas informativas nos seus respectivos locais sociais en torno á enfermidade do Alzhéimer. O obxectivo non é outro que sensibilizar á sociedade en xeral respecto a esta doenza. Así, as asociacións que estean interesadas en acoller esta conferencia tan só deben dirixirse a AFAL Ferrolterra. Para iso, teñen á súa disposición o correo electrónico afalferrolterra@afalferrolterra.com, o teléfono 981 37 06 92 ou ben poden solicitalo nas propias instalacións da entidade, situadas na rúa Río Castro, 43-45, baixo Ferrol.

Baixo o lema “Alzhéimer ou esquecemento, como diferencialo? “, profesionais do equipo multidisciplinar que traballa nos centros de día xestionados por AFAL intentarán dar resposta a tres preguntas clave: Que é o Alzhéimer?, Como detectalo? y Como abordar a situación? Todo iso, nunha charla estruturada en dúas partes: unha hora de conferencia e en torno a 40 minutos de coloquio aberto ao público.

24 de xuño de 2013 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.