AFAL Ferrolterra recibe de mans da conselleira de Benestar o certificado ISO 9001
En representación de AFAL Ferrolterra, Inés Victoria recolleu de mans da conselleira de Benestar e Traballo, Beatriz Mato, a certificación ISO 9001. O acto público de entrega dos selos de calidade á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias, así como a outras entidades e ONGs de ámbito galego, celebrouse o pasado luns no Auditorio do Centro Sociocultural Novacaixagalicia da Coruña. Este certificado, que obtiña a principios de ano o Centro de día Terapéutico de AFAL da rúa Río Castro de Ferrol, acredita o seu bo facer e transparencia nos últimos anos. Nesta liña, e fiel á súa misión de mellorar a calidade de vida dos enfermos de alzheimer e as súas familias, AFAL basea o seu sistema de calidade, agora certificado, nunha intervención individualizada cuns obxectivos específicos para cada usuario. Sen dúbida, un recoñecemento ao equipo directivo e técnico do Centro.











