Adecuación da Casa da Xuventude como sala de exposicións e oficina de turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

O Concello de Verín e Axencia Turismo de Galicia subscribirán un convenio de colaboración, autorizado mediante un proxecto de acordo aprobado no último Consello da Xunta, para a  execución  das obras de  adecuación  da  Casa da  Xuventude para  a súa utilización como sala de exposicións e oficina  de turismo.

En virtude   do  convenio,   Turismo   de    Galicia   financiará   os  custos  derivados   da elaboración do  proxecto básico e  de  execución, así  como da  execución da  obra, que supoñen 240.000  euros. O  obxectivo  da   adecuación  é  facilitar  e  dar   a  coñecer  os recursos turísticos da zona  tanto na súa vertente cultural e etnográfica como turística.

Na actualidade, tanto a  sala de  exposicións como a  Oficina  de  Turismo de  Verín  están situadas  na   Casa  do   Escudo  da   mesma  localidade,  dedicada  tamén  a  albergue  de peregrinos.  Co  obxecto de  destinar  exclusivamente  a  albergue  a  Casa  do  Escudo  e ampliar  as instalacións destinadas a el, acometeranse obras na  Casa da  Xuventude que permitirán habilitar os dous novos espazos.

De tal xeito, as actuacións que  se acometerán na  Casa da  Xuventude serán a  reforma parcial   dunha edificación  existente,  mantendo os usos xerais  dela,  para  albergar  unha sala de  exposicións  e  mais a  oficina   de  turismo do  municipio. Así, levarase a  cabo a reestruturación interior do espazo existente para  adaptalo ás novas necesidades.

21 de xuño de 2013 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.