Actividades do Día Mundial do Medio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
O concelleiro na vista ás actividades ambientais

O concelleiro na vista ás actividades ambientais

O concelleiro de Medio, Enrique Salvador, estivo esta mañá cos nenos que participaron nas actividades organizadas na Casa da Auga con motivo do Día Mundial do Medio.

Un total de 300 alumnos achegáronse nos tres últimos días ás actividades programadas na Casa da Auga. Son estudantes de 4º, 5º e 6º de Primaria, que participaron por quendas entre as 09.30 e as 13.30 horas. O Concello organizou dous tipos diferenciados de actividades:

– Coruña Sostenible! Os alumnos utilizaron unha ortofoto xigante da cidade. Divididos os participantes en 3 grupos, a cada un formuláronselle preguntas referidas a lugares de interese ambiental na Coruña. Cada pregunta valía un punto, e para gañar os puntos tiveron que buscar na foto aérea da Coruña a peza na que se encontraba o lugar ao que se refería a pregunta e levala ao monitor. Logo, tras reflexionar con el acerca de en que consiste esa achega da cidade á sostibilidade, debían volver colocar a peza correspondente no seu sitio.

– Representamos o Cambio Climático. Cada un dos participantes converteuse nun elemento relacionado co cambio climático: unha nube, unha cheminea, un automóbil, un farol, un aerogenerador…Tras elixir cada un o seu, coloreárono e, a continuación, dirixidos polo monitor, recrearon as causas do cambio climático, coñeceron os seus efectos e as solucións que se están a formular e adopta para encarar este problema tanto a nivel global coma dende a cidade da Coruña. Por último, explicóuselles aos nenos o papel que cada persoa, pequenos e maiores, xoga para lograr un futuro climaticamente máis sostible.

6 de xuño de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.