Ábrese o prazo para o programa de dinamización comercial “Sensación-all Compostela 13, o teu comercio está de moda”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

Co obxectivo de dinamizar o sector, incentivar o consumo e incrementar as vendas, a Concellaría de Comercio en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e da Fundación Cidade da Cultura, lugar onde se celebrará o desfile final, abre a convocatoria de inscrición para o programa de dinamización comercial  “Sensación- all,o  teu comercio está de moda”.

Este programa ofrece para os cidadáns de Compostela a posibilidade de vivir toda unha semana de moda, e para os comercios participantes, a posibilidade de ter un Look Book promocional do seu establecemento, así como a participación no desfile final que se celebrará na Cidade da Cultura o sábado 29 de xuño.

Poderá participar todo pequeno comercio que cubra e firme as bases do evento dentro da data límite de presentación. A inscrición realizarase mediante o envío das bases asinadas ao correo electrónico comercio@santiagodecompostela.org ou ao Fax 981543193. O comercio poderá solicitar toda a información que precise para valorar a súa participación no evento no seguinte contacto (e-mail: comercio@santiagodecompostela.org, ou no teléfono 680322350)

Poderán participar ata un máximo de 30 comercios con arranxo aos criterios establecidos nas bases da convocatoria.

A información completa e bases do programa estará a disposición de toda persoa interesada a partires do 12 de xuño na web municipal.

11 de xuño de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.