Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á costa vasca do programa Imos de excursión 2013

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Concellería de Centros Socioculturais abre a partir deste martes 25 de xuño,  ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa “Imos de excursión 2013”. Será a denominada “Costa vasca”, que se desenvolverá os días 11,12,13 e 14 de xullo  de 2013.

O programa da viaxe permitirá aos participantes facer un percorrido por significativos lugares do País Vasco, como Santurce, Getxo, Bilbao, San Sebastián, Zarautz ou Castro Urdiales, entre outros, achegándose a súa cultura e riqueza natural e patrimonial.

A viaxe ten un prezo de 226 € por persoa en habitación dobre. Inclúe o autocar gran turismo, hotel de tres estrelas na zona oriental de Cantabria, pensión completa, guía acompañante e guías locais en San Sebastián e Bilbao. Tamén está contemplado no prezo o seguro de asistencia e de viaxe.

Información e inscrición nos centros socioculturais.

25 de xuño de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.