Aberto o prazo para solicitar as axudas á escolarización do Concello de Oleiros para o próximo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros abre o prazo para solicitar as súas prestacións de apoio á escolarización para o curso 2013-2014.

Estas axudas son unha das medidas recollida no regulamento municipal contra exclusión social, regulamento aprobado por unanimidade en xuño de 2010 por todas as forzas políticas. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o día 18 de xullo.

As prestacións de apoio á escolarización son axudas económicas non periódicas de pagamento único e cun carácter finalista, co fin de axudar a
cubrir os gastos extraordinarios que supón nunha familia o inicio do curso escolar. Teñen un importe de 75 euros e se conceden por concorrencia competitiva, é dicir, a aquelas familias coa renda per cápita mais baixa ata esgotar os 6.000 euros previstos no orzamento.
Estas dirixidas a menores entres 0 e 16 anos, aínda que terán prioridade os que teñan mais de 3 anos. Con carácter xeral os menores deberán estar escolarizados nun centro público ou concertado do Concello de Oleiros e convivir cos seus pais, titores legais ou acolledores. Poden atopar mais información na web do Concello de Oleiros dentro do apartado da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo.

28 de xuño de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.