Aberto o prazo para adquirir carnés e bonos para a piscina municipal de Ordes
A piscina municipal de Ordes abrirá as súas portas dende o vindeiro 1 de xullo ata o 15 de setembro, polo que os usuarios xa poden adquirir os seus carnés de cara á tempada. No caso dos menores de idade (ata 16 anos) deberán aboar 12 euros mentres que para os adultos (a partir de 16 anos) serán 20 euros.
Quen o prefira poderá adquirir bonos mensuais para os meses de xullo e agosto. Para os máis novos Terán un prezo de 6 euros mentres que para os adultos ascenderá a 12 euros. Xa de cara a setembro as cuantías serán de 3 e 6 euros respectivamente. As entradas individuais ascenderán a 1 euro para os menores e 1,50 euros no caso dos adultos.
Como cada ano o Concello de Ordes ten prevista a realización de cursos de natación de luns a venres en horario de mañá. O seu prazo de inscrición estará aberto ata o día 26 deste mes no Departamento de Cultura e Deporte. Os prezos serán de 30 euros para os maiores e de 20 euros para os máis novos. Dito importe inclúe o acceso libre ás instalación da piscina o resto da xornada.











