Aberto o prazo de matrícula no Conservatorio Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Educación informa que xa está aberto o prazo de matrícula no Conservatorio Municipal  “Mestre Ibáñez” de Monforte.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o  28  de xuño.

Especialidades que se ofertan para o vindeiro curso 2013/14

PIANO

GUITARRA

TROMPA

VIOLÍN

CLARINETE

TROMPETA

SAXOFÓN

PERCUSIÓN-BATERÍA

TUBA

TROMBÓN

INICIACIÓN

A materia de Iniciación vai dirixida ós nenos/as de entre 4 e 7 anos que queiran ter unha primeira toma de contacto coa música, a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio.

Ademais, o alumnado terá, segundo especialidade e currículo, unha formación complementaria, dependendo do curso, coas seguintes materias:

LINGUAXE  MUSICAL

EDUCACIÓN VOCAL E AUDITIVA

HARMONÍA

PIANO COMPLEMENTARIO

ORQUESTRA / CORO

MÚSICA DE CÁMARA

HISTORIA DA MÚSICA

ANÁLISE

INFORMÁTICA MUSICAL

INTERPRETACIÓN

Hoxe en día as novas tecnoloxías están moi ligadas a tódalas especialidades instrumentais, así como disciplinas complementarias e itinerarios de grao profesional. Para elo, dispoñemos dunha aula multimedia coa que ofrecer unha formación mellor, utilizándoa tamén como videoteca, fonoteca, e para a aplicación de novos programas informáticos relacionados  coa  aprendizaxe  musical.

Información e matrícula na Secretaría do centro. Edificio Multiusos de Monforte.

11 de xuño de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.