Aberto o prazo de inscrición para os cursiños de verán de tenis
O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para os cursos de verán de tenis, que se impartirán nos meses de xullo e agosto nas instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar para nenos de entre 4 e 16 anos, ambos os incluídos. As clases organizaranse en tres días á semana –luns, mércores e venres ou martes, xoves e venres- cunha duración de 45 minutos cada unha –ás 10.00, ás 10.45, ás 11.30 e ás 12.15 horas.
Os interesados poderán formalizar a solicitude de inscrición na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, a partir do 17 de xuño, e até cubrir a cota de prazas dispoñibles. O custo por alumno ao mes é de 44 euros. A lista de admitidos e os horarios publicaranse dous días antes do comezo do curso de xullo, o sábado 29 deste mes.











