Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca Gondomar 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

A Concellaría de Educación de Gondomar poñerá en marcha, por segundo ano, a Ludoteca Gondomar 2013, dirixida a nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos.

Con esta iniciativa, o departamento que dirixe Paula Bouzós busca cubrir a necesidade dos pais e nais traballadores durante a época estival. Bouzós explica que “con esta medida se pretende axudar a compatibilizar a vida laboral e familiar dos pais”.

A ludoteca desenvolverase durante os meses de xullo e agosto no edificio da Unitaria de Vilaza, en horario de 09:00 a 14:30 horas de luns a venres. A programación comprende talleres, manualidades, xogos, deporte, saídas e rutas polo ámbito, con dinámicas de participación e de aprendizaxe colectiva e individual.

Os interesados poderán formalizar a súa solicitude no Rexistro do Concello ata o 26 de xuño.

14 de xuño de 2013 | 20:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.