Aberto o prazo de cesión de espazos para participar no festival de arte urbana DesOrdes Creativas
Os organizadores do festival de arte urbana DesOrdes Creativas acaba de facer pública a súa convocatoria a toda a veciñanza para a cesión de paredes, muros e fachadas que poidan ser pintadas. Un chamamento que non se limita só a residentes de Ordes, senón que tamén se extende ao resto da comarca. Os espazos cedidos serán decorados por artistas urbanos de renome, cunha grande experiencia e traxectoria artística de xeito totalmente gratuito.
O prazo para a cesión de espazos rematará o vindeiro 12 de xullo. Para comunicalo basta con chamar aos teléfonos 69642390 ou 670275113, ou ben facer uso do correo electrónico desordes@mutantecreativo.com.
Por outra banda, coa intención de que o proxecto sexa cada vez máis autosuficiente preténdese implicar e facer partícipe a toda a sociedade a través dun sistema de financiación crowfunding mediante a plataforma Verkami. A cambio das donacións ofrécense unha serie de agasallos como camisetas, pósters, etc. Para facer as aportacións tan só hai que acceder a través do link http://www.verkami.com/locale/gl/projects/5881.
Nesta nova edición do festival están presentes Mutante, arte deseño e comunicación; Asociación Cultural Cultivarte e o Concello de Ordes.











