publicidade hoxe

Abegondo celebra o sábado unha xornada de pesca fluvial no encoro de Beche

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal
A-
A+

O parque fluvial de Beche cumpre o seu primeiro ano de vida como lugar referente na bisbarra para actividades como a pesca. Cada día da tempada son moitos os afeccionados que se xuntan coa súa cana ás beiras da presa.

O Concello, para reforzar estas características de Beche, celebra o próximo sábado, 8 de xuño, unha xornada de pesca fluvial, que conxugará tanto a demostración no encoro como un taller de pesca artesanal.

A xornada comezará pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas. Todos os afeccionados, que deben dispoñer de licenza de pesca e cana, poden participar nunha actividade de pesca sen morte. Ás 13.00 horas terá lugar unha demostración de lanzamento, para a que acudirán
algúns dos mellores pescadores desta modalidade.

Pola tarde, os actos trasladaranse á Aula de Natureza de Crendes. De 17.00 a 19.30 horas celebrarase un taller de pesca artesanal no que se ensinará á confección de moscas artificiais para o río.

Ambas as dúas actividades son totalmente gratuítas. Os interesados en participar poden contactar co Concello de Abegondo no 686 352 866.

6 de xuño de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.