A zona de autocaravanas trasládase a Montirón-San Fiz por mor da celebración do Arde Lucus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

O Concello habilitou unha zona provisional de autocaravanas no barrio de Montirón-San Fiz debido a que vai quedar inutilizada a da explanada do Pavillón Municipal dos Deportes durante a celebración das festas do Arde Lucus, con motivo da instalación do Circo Romano e das diferentes actividades programadas durante a festa.

Os usuarios de autocaravanas poden utilizar como alternativa, ata o vindeiro día 18, a zona que se acondicionara en anos anteriores para os feirantes do San Froilán. Esta zona está sinalizada e dispón dos servizos necesarios para o avituallamento destes vehículos. Ademais, a súa ubicación está señalizada dende a Avenida de Madrid con paneis de localización.

11 de xuño de 2013 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.