A Xunta de Goberno Local inicia o proceso para a provisión do posto de Director Xeral de Recursos Humanos e Servizos Xerais
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense iniciou esta mañá o proceso para a provisión do posto de Director Xeral de Recursos Humanos e Servizos Xerais, creado mediante Decreto da Alcaldía de 23 de marzo de 2008, e actualmente vacante. A convocatoria realízase de acordo co determinado polo acordo do Pleno do Concello en sesión de 6 de xuño de 2008, relativo á determinación da forma de provisión e réxime retributivo desta dirección xeral.
A Xunta de Goberno aprobou convocar a provisión deste posto, e as bases da convocatoria. Poderán concurrir profesionais do sector público ou privado que acrediten competencia profesional e experiencia no desempeño de postos de responsabilidade na xestión pública ou privada.
As instancias solicitando tomar parte no proceso se presentarán no rexistro Xeral do Concello no prazo de 7 días naturais dende o seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. A resolución da convocatoria corresponde á Xunta de Goberno Local.
Informe de Secretaría
A convocatoria atende ás determinacións do informe realizado pola Secretaría Xeral de Pleno do Concello que indican que “é de competencia da Alcaldía a determinación do número de direccións xerais existentes no Concello” e que así, o decreto de 23 de maio de 2008 creou esta dirección xeral de Recursos Humanos e Servizos Xerais.
O informe conclúe tamén que “é competencia da Xunta de Goberno Local o nomeamento destes órganos”, aprobando unhas bases da convocatoria.
O informe de Secretaría lembra que o Concello Pleno fixou os requisitos para a convocatoria desta dirección xeral, por acordo de 6 de xuño de 2008, e que este acordo é “válido e eficaz” a día de hoxe.
Por este motivo, conclúe que “non debe someterse outra vez á consideración do Pleno o mesmo asunto nos mesmos termos porque xa foi debatido e votado”.











