A Xunta concede a Cambre 304.781 euros para desenvolver catro cursos de formación para 60 desempregadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

A concelleira de Promoción Económica e Emprego de Cambre, Marta Vázquez Golpe, anunciou a concesión, por parte da Xunta de Galicia, de catro cursos de formación para desempregados que se desenvolverán este ano en instalacións municipais do Centro de Formación Municipal situado no Polígono de Espírito Santo. Trátase de catro programas ocupacionais incluídos no plan AFD (Accións Formativas para Desempregados), e que contan cun presuposto de 304.781 euros. Os cursos impartiranse de xullo a novembro e están destinados prioritariamente a desempregados. “A Xunta cumpre de novo con este municipio en materia formativa orientada ao emprego xa que a achega é maior que outros concellos limítrofes”, asegura Vázquez.

Alí desenvolveranse clases teóricas e prácticas de soldador de estruturas metálicas lixeiras (Oxigás e soldadura MIG/MAG), que ten unha duración de 678 horas; de Atención Sociosanitaria, cun programa lectivo de 618 horas; de Montaxe de Instalacións solares térmicas, que se impartirá durante 658 horas; e un de Dinamización Comunitaria cun total de 628 horas. Con estes cursos os alumnos que superen o curso obterán o certificado de profesionalidade da ocupación. Estamos moi satisfeitos coa concesión desta axuda que nos permitirá desenvolver estes cursos que están encamiñados a mellorar e ampliar a formación de persoas desempregadas para que teñan máis opcións de introducirse de novo no mercado laboral”, apuntou Vázquez.

28 de xuño de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.