A Xunqueira de Alba, centro da actividade medioambiental do Concello na fin de semana
A Concellaría de Medio Ambiente organiza esta fin de semana dúas actividades incluídas dentro da programación “Sinte Pontevedra” pensadas para gozar e divertirse na Xunqueira de Alba, ao tempo que se dá a coñecer a riqueza desta paraxe natural situada en pleno centro da cidade.
Mañá, sábado, 15 de xuño está programada a actividade A Xunqueira de Alba, unha fonte de benestar. A partir das 18.00 horas comezará a visita guiada ao Enil Xunqueira de Alba na que, durante dúas hora, pola autora da Guía da Xunqueira de Alba, unha fonte de benestar. Recoñeceranse os anfibios a partir do seu canto, dar nome aos cantos das aves que escoitamos cando paseamos pola xunqueira; coñecer as estratexias das bolboretas; saber como as formigas ordeñan ao seu rebaño e moitas outras sorpresas que se agochan neste cercano espazo natural.
O domingo, 16 de xuño, a partir das 11.30 horas comezará a Xincana Xeolóxica partindo de Ponte Magueiro. O Enil Xunqueira de Alba brinda a
oportunidade única para comprender a forma na que os ríos modifican a paisaxe ao longo do tempo a través da deposición de sedimentos, entre outros aspectos. A Gincana na Xunqueira de Alba está deseñada co obxectivo de mostrar in situ por medio da resolución de diferentes probas o valor xeolóxico e natural da zona.











