A Unión Deportiva Mos organiza o I Campus de Verán As Baloutas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMos
A-
A+

A Unión Deportiva Mos organiza por primeira vez o I Campus de Verán As Baloutas. Este campamento deportivo centrado na práctica e mellora da técnica futbolísticas ten como obxectivo que os nenos e nenas de mos aproveiten ó máximo as súas vacacións estivais facendo o que máis lles gusta, deporte e combinalo tamén cunha alternativa de ocio saudable.

O que se pretende con este Campus, é que os cativos mosenses o pasen ben a través da práctica de fútbol e outros deportes, co único obxectivo de gozar da actividade física nun ambiente de convivencia e experiencias positivas. Trátase dunha proposta dirixida ás futuras promesas da U.D. Mos, pero tamén a nenos que non pertenzan ao club. Os nenos recibirán unha formación técnica especializada nun ambiente de xogo e entretemento imprescindible para a súa aprendizaxe.

O I Campus de Verán Baloutas 2013, ten tamén integradas outras actividades de ocio ao aire libre distintas do fútbol. Esta nova iniciativa, que estará dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos e organizada polos técnicos da U.D. Mos, levarase a cabo do 1 ao 6 de xullo.

Para obter máis información sobre esta iniciativa os interesados poden visitar a páxina web www.uniondeportivamos.com ou achegarse directamente ó campo de fútbol das Baloutas e solicitar as follas de inscrición. O prazo para formalizar dita inscrición esténdese ata o 27 de xuño e o custo é de 70 euros por participante.

21 de xuño de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.