A Treboada Baixo Miño organiza o seu primeiro serán no Campo do Alivio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

A Treboada Baixo Miño organiza, en colaboración co Concello de Tomiño, o seu primeiro serán, o vindeiro sábado, 8 de xuño, no Campo do Alivio.

As agrupacións musicais que queiran participar poden asistir e unirse ao festexo, sen necesidade de inscribirse previamente.

Durante a celebración, que comezará sobre as 11 da mañá, ademais das actuacións musicais, haberá feira de artesanía, comidas e bebidas a prezos populares.

5 de xuño de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.