A segunda edición do torneo de padel e tenis cidade de Ferrol celebrase do 28 de xuño ao 7 de xullo
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós presentou esta mañá o II Torneo de Padel e Tenis Cidade de Ferrol que se celebrarán do 28 de xuño ao 7 de xullo nas instalacións deportivas do Casino Ferrolán Tenis Club. A edil estivo acompañada por un dos organizadores do evento deportivo, Félix Alonso.
O Torneo de Padel, do 28 de xuño ao 7 de xullo, desenvolverase en catro categorías masculinas, tres femininas, dúas dobres e veteranos de máis de 40 anos; mentres que a competición de Tenis será do 29 de xullo ao 6 de xullo e contará coas categorías infantil, alevín, benxamín, cadete e senior -novidade desta edición-, tanto masculina como feminina. O prazo de inscrición para o torneo de tenis será ata o xoves 27 de xuño mentres que o de padel estará aberto ata o mércores 26, os interesados poderán formalizar a súa solicitude e obter máis información a través da páxina web: www.doblered.es.
A edil de Deportes manifestou que “esperemos que esta edición sexa igual ou mellor que a do ano pasado”. Pola súa banda, Félix Alonso, un dos organizadores do evento, quixo agradecer a colaboración do Concello de Ferrol.











