A segunda edición do Dani da Rocha Prol congregará a máis de 200 xadrecistas
O vindeiro sábado 15 de xuño terá lugar no Pavillón de Deportes de Panxón o II Torneo Dani da Rocha Prol, Torneo organizado polo Club de Xadrez Laroca, en colaboración co Concello de Nigrán. A segunda edición deste evento espera reunir a máis de 200 participantes, entre eles moitos campións autonómicos e mesmo algún nacional.
O Torneo, ademais de ser un importante evento deportivo en Galicia, supón unha homenaxe ao pequeno Dani da Rocha Prol, amigo inesquecible para os membros do club organizador.
A competición celebrarase entre as 11.00 e as 20.00 horas, cando se procederá á entrega de trofeos e o sorteo de agasallos diversos entre os participantes. Máis información na páxina web http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.











