A rúa Curros Enríquez terá aparcadoiro para os residentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño mantivo unha reunión cos veciños da rúa Curros Enríquez, para mostrarlles tamén a eles o proxecto de embelecemento e mellora desa vía carballiñesa, despois de presentalo o día anterior aos comerciantes da mesma zona entendemos que, se queremos humanizar unha zona comercial, debemos contar con todos, cos comerciantes e cos veciños, xa que entre todos formamos non só esta rúa, senón esta vila”.

Os veciños aceptaron de forma moi positiva o proxecto que lles presentou o alcalde, xunto co edil de Obras, solicitando unha solución para o aparcadoiro de residentes nesa rúa. Un problema que vén arrastrando dende hai anos. Neste sentido propúxose a creación de aparcadoiro para residentes no segundo tramo da rúa Curros Enríquez, zona que non está incluída no proxecto de humanización desa rúa. Precisamente ese segundo tramo é onde a maioría de edificios teñen aparcadoiro, co que é unha zona perfecta para realizar as prazas de residentes na propia rúa.

Esta solución foi aceptada polos veciños, co que se iniciará o proceso para entregar aos veciños da zona as identificacións para poder estacionar nesta. Aquilo se destacou o alcalde é a necesidade de que estar empadroados no Carballiño, e ter o vehículo de alta neste concello, para poder contar coa citada tarxeta de residencia.

Tras esta reunión o concello espera só a confirmación por parte da Xunta de Galicia para iniciar o proxecto de humanización e embelecemento da rúa Curros Enríquez, que se iniciará pasadas as datas estivais, para non afectar á actividade comercial durante estes meses, que sempre é maior coa chegada de turistas e emigrantes.

12 de xuño de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.