A Real Filharmonía de Galicia e alumnos da EAEM festexan o 150 do Conservatorio de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

A Concellería de Cultura continúa colaborando co programa de actos de celebración do 150 do Conservatorio de Pontevedra Manuel Quiroga cun concerto da Real Filharmonía de Galicia e alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), que se celebrará este xoves ás 21.00 horas no Pazo da Cultura.

A actuación, dirixida por Paul Daniel e Maximino Zumalave, será tamén un concerto de finalización de estudos no Máster en Formación Instrumental, pioneiro en España e dun alto nivel formativo.

A programación prevista para o 13 de xuño é:

• Sinfonía Concertante para violín, viola e orquestra, en Mib M, KV 364 W. A. Mozart

– Solistas: Clara Badía (violín) e Ana Montoro (viola)

• Doble Concerto para óboe e violín, en Re m, RWV 1060 J.S. Bach

– Solistas: Marc Borrás (óboe) e Paula Colás (violín)

• Concerto de Brandemburgo nº6, en Sib M, BMW 1051 J.S. Bach

– Solistas: Ana Montoro, Sara Olianas (violas) e Laura Algueró, Guillermo Alzugaray (violonchelos)

• Concerto para trompa nº4, en Mib M, KV 495 W.A. Mozart

– Solista: Javier González (trompa)

• Concerto dous violíns, en Sol m, RV 517 A. Vivaldi

– Solistas: Mercedes Schmidt (frauta) e Ángela neto (violín)

11 de xuño de 2013 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.