A prestixiosa violinista Ji Yoon Lee e a Orquestra de Cámara Galega actuarán no teatro Jofre de Ferrol
A Orquestra de Cámara Galega subirá ao escenario do Teatro Jofre o venres, día 14, ás 21:00 horas. A actuación forma parte da nova tempada do ciclo “Música da Ilustración”, organizado pola Concellería de Cultura, que dirixe o edil Manuel-Reyes García Hurtado.
O programa está composto por dous grandes compositores da época, Vivaldi coas súas celebérrimas “Cuatro estaciones” y Mozart cun arranxo para orquestra de corda do seu cuarteto en Sol Mayor KV 156. Este concerto contará coa colaboración da moza virtuosa coreana Ji Yoon Lee, unha das violinistas máis destacadas da súa xeración e gañadora de diversos premios nos máis prestixiosos concursos internacionais como o Pablo Sarasate en Pamplona.











