publicidade hoxe

A Policía Local identifica 10 interseccións de Estado, Xunta e Deputación con risco por falta de visibilidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

A Policía Local de Culleredo acaba de emitir un informe no que alerta do risco para a seguridade vial que existe en 10 interseccións de estradas no municipio. En todos os casos, a falta de mantemento das administracións competentes, ben Estado, Xunta de Galicia ou Deputación da Coruña, diminúe a visibilidade para os condutores.

A maioría dos cruzamentos identificados pola Policía Local establécense mediante rotondas. Noutros casos, mediante illotes. O denominador común consiste en presentar un crecemento desmedido da vexetación das súas zonas verdes, o que impide apreciar en óptimas condicións a presenza de peóns ou outros vehículos.

As interseccións marcadas polo seu mal estado de conservación son as seguintes:

. Intersección do Nacional 550 coa AC-215, no Portádego
. Intersección do Nacional 550 coa estrada provincial da Ermida
. Rotonda do Nacional 550 baixo o ILS
. Intersección do Nacional 550 coa estrada provincial de Liñares
. Rotonda de estrada provincial na Garrocha
. Intersección da rotonda de Ledoño coa Terceira Rolda
. Intersección da rotonda de Ledoño coa estrada provincial que vai a Tarrío
. Rotonda na unión da AC-523 coa DP-5109, en Ledoño
. Rotonda en Ledoño no cruzamento coa estrada de Boedo
. Rotonda da AC-213 no acceso ao polígono de Alvedro

O goberno de Culleredo entende que esta situación demanda unha actuación urxente por parte das administracións competentes. Por iso, a Concellaría de Medio, Obras e Servizos, requirirá a limpeza destas zonas a Estado, Xunta ou Deputación, segundo o caso, que corresponda.

O Concello alerta de que estas baixas condicións de visibilidade supoñen unha falta da seguridade vial axeitada neses puntos. Ademais, ofrecen unha mala imaxe polo estado das zonas verdes.

22 de xuño de 2013 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.