A Policía Local de Cambre detén unha persoa ao que se lle imputan varios furtos nun comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

Nos últimos días efectivos da policía local de Cambre, efectuaron 2 detencións; na primeira delas, detiveron un mozo que cumpría condena en prisión e que non se reincorporara tras un permiso penitenciario. A este detido ademais imputáronselle e esclareceron dous furtos de pezas de roupa cometidos nun comercio.

A segunda detención practicouse por atentado a axente da autoridade, ao requirir os axentes a uns mozos que estaban a facer unha festa no interior dunha vivenda, causando molestias aos veciños da zona, cando un dos mozos, o posteriormente detido arremeteu contra os policías ao requirilos para que cesasen o alboroto e música, realizando unha forte resistencia para evitar a detención.

26 de xuño de 2013 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.