A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo presentará un informe de situación e unha mostra explicativa no IEM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo presentará na Aula de Cultura Ponte de Rosas o informe “Ría de Vigo. Impacto da actividade humana, xestión sostible e conservación ambiental”. O coloquio será acompañado cunha mostra expositiva de dez paneis  e terá lugar este venres 14 de xuño ás 20:30 horas na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

O coloquio afondará na evolución da ría así como o feixe de ameazas ambientais que soporta o enclave.  A exposición do informe estará a cargo de Serxio Regueira Gómez, presidente da plataforma, e contará coa intervención de Mª Xosé Vázquez Rodríguez, do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.  Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM terá a cargo a presentación do acto.

13 de xuño de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.