A piscina municipal de San Sadurniño inicia temporada
A piscina municipal permeneceu aberta esta pasada fin de semana co gallo do oitavo torneo provincial de fútbol base. Porén, o inicio oficial da temporada arranca este 17 de xuño e rematará o 15 de setembro. Os abonos para a temporada poden collerse na casa da Cultura, onde tamén está aberto o prazo para apuntarse nos cursos de natación. Ademais, cómpre lembrar que está tamén aberto o prazo para apuntar os nenos e nenas na Aldea de verán.
A piscina estará aberta pola semana de 14 a 21 h., mentres que os sábados, domingos e festivos o horario será de 12 a 21 h. Ademais, durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse en horario de mañá os cursos de natación cun horario que aínda está por determinar.
O que si se sabe é que os cursos comezarán o 1 de xullo e que o prazo para apuntarse xa está aberto. Tamén están definidas as quendas: iniciación e perfeccionamento desenvolveranse os luns, mércores e venres e a actividade de ximnasia na auga será os luns e mércores. Para que haxa cursos fará falla un número mínimo de inscricións.
As inscricións poden facerse na casa da Cultura de luns a venres entre as 8.30 e as 14.00. Tamén alí se poden adquirir os bonos para baños de toda a temporada, mentres que unha entrada solta poderá mercarse en calaquera momento no bar da piscina. Os prezos para cursos e baños mantéñense igual que o ano pasado:
Entrada Individual diaria de adultos 3,16 €
Entrada Individual diaria de nenos ata 14 anos 1,59 €
Abono temporada de adultos 25,31 €
Abono temporada de nenos ata 14 anos 15,82 €
Abono Familiar 37,94 €
Cada persoa a partir da quinta (dentro do abono familiar) 3,16 €
Curso de natación de nenos ata 14 anos 9,49 €/ mes
Curso de natación de adultos 18,98 €/ mes
Aldea de verán
Cómpre lembrar que o programa municipal de conciliación Aldea de verán ten tamén aberto o prazo. Ata o día 21 poderase facer a inscrición para os mes de xullo. Ademais, tamén se poderá reservar praza para agosto pagando xa os dous meses. Iso si, o pagamento só poderán facelo as familias empadroadas en San Sadurniño, xa que son as que teñen preferencia.
O prazo de inscrición só para agosto estará aberto do 1 ao 19 de xullo.











