A piscina das Burgas foi de novo contaminada con colorante
Por segunda ocasión na última semana, actos vandálicos provocaron de novo o peche ao acceso e desfrute dos cidadáns da piscina termal das Burgas. Durante o día de hoxe, sábado, a piscina foi de novo contaminada cun colorante, que está sendo eliminado polos operarios de limpeza.
Namentres devolven a auga e instalación ao seu estado óptimo para o baño e desfrute dos cidadáns, o recinto termal permanecerá pechado ao acceso do público.
O Concello de Ourense solicita aos veciños desculpas polas posibles molestias ocasionadas.











