A parroquia de Buscás, en Ordes, comenza este domingo as súas festas na honra de San Paio
A parroquia ordense de Buscás comenzará este vindeiro domingo día 23 as súas festas na honra de San Paio. Unha cita que terá lugar ás 13 horas cunha misa solemne.
De cara ao mércores día 26 vivirase o día grande de celebración cunha misa solemne ás 13 horas. Previamente tamén haberá oficios relixiosos ás 9, 9.30, 10, 11 e 12 horas e novamente ás 20 horas. Nesta ocasión a música virá da man das orquestas La Bámbola, presente tanto na sesión vermú como na verbena nocturna, e Combo Dominicano.











