A Orquestra de Saxos de Redondela actúa en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A Orquestra de Saxos de Redondela actuará este venres en Monforte presentando o seu novo disco, titulado “En sax Simón”. O concerto celebrarase na praza de España ás oito do serán.

Esta orquestra nace hai 14 anos, integrada por alumnos e alumnas da área de saxofón que cursaban os seus estudos musicais no Conservatorio de Música de Redondela, Pontevedra.

A Orquestra de Saxos caracterízase por ser unha formación orixinal, tanto na súa composición como no seu espírito formativo e didáctico

O repertorio desta formación abarca tódolos estilos musicais, dende os grandes clásicos como Bach ou Mozart a obras creadas orixinalmente para o grupo de saxos, pasando pola música popular.

A Orquestra de Saxos dispón de tódolos instrumentos da familia do saxo: sopranino, soprano, alto, tenor, barítono e baixo.

Venres día 7 de xuño, ás 20:00 h. na praza de España de Monforte.

4 de xuño de 2013 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.