A OMIX Tomiño presenta a súa programación de verán
A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño vén de presentar a súa programación de verán, con interesantes cursos e orixinais propostas lúdicas.
Dentro das actividades programadas haberá obradoiros de produción audiovisual, mecánica do automóbil, elaboración de bolsos, carteiras e cinturóns; dobraxe de películas, francés a nivel intermedio, emprendedores, etc.
Organízase tamén un Campamento de Verán de balde, que funcionará de luns a xoves en horario de mañá.
A concelleira de Mocidade, Cristina Martínez, explicou que para escoller os cursos deste verán, tivéronse en conta as preferencias dos usuarios da OMIX, coma así tamén, posibles saídas laborais para os mozos e mozas tomiñeses, que son, por outra banda, os que terán preferencia á hora da inscrición.
Para inscricións e máis información, pasar pola oficina da OMIX /Campo da Feira s/n) ou chamar ao número de teléfono 986 62 33 04. Tamén pódese enviar un correo a omix@concellotomino.com











