A OMIX oferta un curso de bixutería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil  do Concello de Gondomar, informase de que do día 1 ao 9 agosto porase en marcha un taller de bixutería, destinado á mocidade. Nesta actividade levaranse a cabo abelorios de madeira, coiro, teas, con botóns, etc… personalizando cada peza.

Esta actividade organizada desde a Concellaría de Xuventude, que dirixe Ignacio Troncoso, será totalmente gratuíta e está destinada a mozos/as de 14 a 30 anos.

O prazo para inscribirse vai do 5 de xuño ao 30 de xullo na OMIX do Concello, R/  Manuel Alonso , s/n . Para máis información 986.369.746.

6 de xuño de 2013 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.