A oficina de asesoramento aos afectados por subordinadas e preferentes inicia hoxe a súa actividade en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocalLocal Portada
A-
A+
Primeiros asesoramentos

Primeiros asesoramentos

Hoxe entrou en funcionamento no Concello de Cangas a oficiña de asesoramento aos afectados pola mala comercialización de participacións preferentes e subordinadas, impulsada a través do Convenio de colaboración asinado recentemente entre a  Deputación de Pontevedra  e a Unión de Consumidores de Galicia.

A oficiña que está situada no 1º andar do Concello mantén  a atención ao público en horario de mañán, de 10:00 a 14:00 horas.

Este servizo  atendeu na mañán de hoxe  un total de 10 afectados.  Estímase que nos próximos días o número de atencións aumente considerablemente ata alcanzar  as 20 persoas/día.

A oficiña conta con dúas persoas para atención ao público. Unha avogada, licenciada en dereito, que  exercerá a labor de asesoramento e  unha técnica municipal encargada de concretar as citas para unha atención máis ordenada.

O obxectivo é orientar aos afectados á hora de reclamar a devolución dos seus cartos pola vía xudicial e de orientalos e asesoralos, reforzando a atención cunha información maís detallada.

18 de xuño de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.