A música clásica enche o auditorio da Casa da Cultura de Ordes de alumnos de Infantil e Primaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Instante do espectáculo musical

Instante do espectáculo musical

Os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria do colexio Castelao viviron hoxe unha xornada moi especial, onde a música de autores como Mozart, Beethoven ou Verdi foi o centro de atención. O salón de actos da Casa da Cultura encheuse con centos de nenos e nenas que poideron escoitar en directo melodías e pezas clásicas mundialmente coñecidas, interpretadas todas elas polo grupo Arco Iris. Ademais tamén aprenderon nocións básicas relacionadas tanto cos instrumentos como coa linguaxe musical, todo elo dun xeito moi divertido e ameno.

6 de xuño de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.