A Mancomunidade de Ordes aproba un orzamento de 943.000 euros para o exercicio 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

O pleno da Mancomunidade de Ordes aprobou esta semana o seu orzamento de cara o ano vixente por un importe total de 943.500 euros. Unha cifra resultante dos ingresos obtidos a través do servizo de axuda no fogar (44.000 euros), das transferencias correntes en cumprimentos de convenios subscritos coa Xunta de Galicia (503.219 euros), coa Deputación da Coruña (140.770 euros), así como por parte dos sete concellos integrantes (255.490 euros). De todos estes cartos a maioría destinaranse a gastos do persoal (508.829 euros) e a gastos correntes en bens, servizos e programas levados a cabo nos distintos ámbitos sociais (431.966 euros). Cerrando o apartado de gastos figura unha cuantía de 2.600 euros para gastos financieiros e transferencias correntes. 

Tamén cabe destacar a aprobación da Conta Xeral 2012, tras o cumplimento dos requisitos esixidos no RD 1463/2007 do 2 de novembro na LO 2/2012 do 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financieira.

Na sesión plenaria celebrada onte tamén se acordou solicitar á Consellería de Traballo e Benestar unha subvención para ao fomento do emprego a través dos programas de cooperación. Concretamente preténdese contratar un total de 12 persoas para labores de servizos complementarios, tal e como ata o de agora viñan realizando o persoal de Protección Civil. Continuando co ámbito laboral tamén se acordou a solicitude dunha axuda de 28.000 euros para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo de cara a o exercicio 2013.

Non son as únicas axudas que se solicitarán ao longo deste mes xa que tamén se demandarán 70.000 euros destinados á promoción da igualdade. Un importe co que se pretende ofrecer unha cobertura aos sete concellos, de ahí a posibilidade de poder solicitar nesta ocasión un importe superior ao que se viña presentando ata o de agora.  Estes cartos irían destinados ao mantemento e a dar continuidade coa labor realizada polo CIM, que actualmente conta cunha directora, psicóloga, asesora xurídica, e unha axente de igualdade.

4 de xuño de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.