A información facilitada polo Concello aos pais das escolas de Covas e Agrón de que non estaba previsto o seu peche foi ratificada pola Consellería de Educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal
A-
A+

O Concello de Ames destaca que esta mesma mañá, a través dunha nota de prensa, a Consellería de Educación ratificou a información facilitada o pasado 20 de xuño polo Goberno municipal aos pais e nais das escolas unitarias de Covas e Agrón de que non estaba previsto o peche destes centros. A Consellería anunciou que manterá abertas as escolas unitarias que conten con seis alumnos matriculados, algo que cumpren estas dúas escolas unitarias amienses.

Na comunicación realizada pola Consellería inclúese unha relación das escolas da provincia da Coruña na que, a día de hoxe, non se cumpren os ratios de matriculación. En dita relación non se inclúe ningún centro amiense, xa que todos superan a ratio establecida polo departamento autonómico. Deste xeito, corrobórase o anuncio realizado o pasado xoves polo Concello de Ames, que xa confirmara aos pais e nais a continuidade das escolas unitarias.

27 de xuño de 2013 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.