A Fundación de Exposicións e Congreso da Estrada convoca o XVIII premio xornalístico “Manuel Reimóndez Portela”
A sala “Reimóndez Portela”, sita na Fundación de Exposicións e Congresos, foi a encargada de acoller a presentación das bases pólas que se rexerá a XVIII edición do “Premio Xornalísitico Manuel Reimóndez Portela”.
No acto estiveron presentes a Xerente da Fundación e Presidenta do Comité de Seguimento do Premio, Mercedes Cuiña Puente e os tamén membros integrantes do Comité de Seguimento, Juan Manuel Constenla Carbón, Enrique Otero Fernández e José Manuel Bouzas Blanco.
As bases mantéñense inalterables con respecto á pasada edición, así, o premio outorgaráse ao mellor traballo ou serie de traballos –ata um máximo de cinco- publicados en língua galega, en calqueira médio de comunicación escrito. A dotación económica do premio será de 1000 €. O prazo de recepción de traballos, rematará o vindeiro dia 01 de agosto, ainda que, deberán estar publicados antes do 29 de xuño. Os autores ou calqueira lector poderán enviar un exemplar dos traballos nos que conste a data de publicación, o autor e o médio de comunicación no que se publicaron.
O xurado cualificador, estará presidido póla Directora Xerente da Fundación e igualmente integrado pólos vocales que o Comité decida no seu intre e por un secretario con voz pero sen voto. A resolución do xurado será inapelable e faráse pública a finais do mes de agosto. A entrega de galardóns levaráse a cabo o dia 20 de setembro, no marco da XXVII Feira do Moble de Galicia. O xurado resérvase a licencia de declarar deserto o premio se os traballos presentados a concurso non reúnen o nível necesario para obter o galardón.
A Fundación, resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados e agarda repetir o éxito de participación de pasadas edicións, animando a todos os escritores e xornalistas de Galicia a participar nun certame de recoñecida fama en toda a Comunidade Autónoma galega.











