A formación Acadacanto inaugura este ano o ciclo de concertos Música nos Tilos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero son aCadaCanto, e son a formación musical que este ano abre o ciclo de concertos Música nos Tilos. Unha cita no comezo de verán coa mellor música nun espazo escénico destacable, a Casa Común dos Tilos, que xa chega neste 2013 á súa cuarta edición.

O concerto de aCadaCanto será mañá venres 7 ás 22:30 horas na Casa Común dos Tilos. A entrada é de balde ata completara foro. Dende a concellaría de Cultura, dirixida por Carme Hermida, animan ós asistentes a colaborar na medida das súas posibilidades co Banco Veciñal de Alimentos (alimentos non perecedeiros, leite, conservas de peixe…).

Carme Hermida explica o que é Música nos Tilos dicinco que se trata “duns concertos de música de proximidade cos que se pretende achegar xeitos de facer música a un público interesado sen que teña que saír do seu ámbito de residencia”. Cultura de calidade ó carón da casa.

O proxecto ACadaCanto

ACadaCanto é o proxecto que deu en xuntar a catro grandes da música galega: Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, despois de ter coincidido entre eles en varios proxectos. Participaron en  Nordestinas,  Espido, Berrogüetto, Nova Galega de Danza e outros.

Guillerme e Xabier son membros de Berrogüetto, grupo no que anteriormente cantaba Guadi; Xabier contou con Xosé Lois e con Guillerme no seu “Músicas de Salitre”; Guadi e Guillerme son “Espido” e Xabier e Guillerme publicaron xuntos “Arrolos de Salitre”. En aCadaCanto conflúen todos os traballos anteriores no seu primeiro proxecto común.

Os concertos continuarán o venres 14 con Sergio Tannus Trío e pecharase o venres 28 con Narf. Todos serán ás 22:30 horas no mesmo espazo, o local social da urbanización dos Tilos.

6 de xuño de 2013 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.