A ferrolana Eva Villar e o zaragozano Alfonso Ferrer gañan nas dúas categorías do Concurso de Fotografía Agropecuaria da Semana Verde Galicia

Fotografía gañadora “Respeto”
O II Concurso de Fotografía do Mundo Agropecuario convocado pola feira Semana Verde de Galicia, a cal se desenvolverá de venres a domingo no recinto Feira Internacional de Galicia, fallou na noite de onte os seus premios.
A ferrolana Eva Villar Barcia, coa súa obra Respeto foi a gañadora na categoría de “Fotografía que mellor representa o agro galego”, mentres o segundo posto otorgouse ao coruñes Juan Luis Rúa Prieto, con Mazaricos.
En canto á categoría “Fotografía máis orixinal”, o vencedor foi Alfonso Ferrer Yus, de Zaragoza, que concorreu con Un Mundo que se Escapa. A segunda posición recaeu en David Martín Utrera Iglesias, de Agolada (Pontevedra), quen presentou Aprendendo cos Tempos Novos.
O Concurso contou coa participación de 189 obras pertencentes a 50 profesionais e afeccionados de 12 provincias españolas. Así, recibíronse fotografías das catro provincias galegas, Asturias, La Rioja, Vizcaya, Zaragoza, Navarra, Girona, Lérida e Madrid. Ademais tamén se rexistou participación dende México.
Os traballos pódense ver na súa totalidade tanto na páxina web da feira Semana Verde de Galicia como no seu facebook. Ademais, 150 destas fotografías estarán expostas durante os catro días do certame, para que poidan ser contempladas polos visitantes.
O sábado ás 13:00 horas terá lugar a entrega de premios do concurso, o cal conta co apoio do grupo de fotógrafos afeccionados Véxote, a empresa de Fotografía Bernabé e o restaurante Fogar de Breogán.











